Octubre 2019
L M X J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
18 Octubre 2019
21:00 -
Xornada 4
25 Octubre 2019
21:00 -
Xornada 5
31 Octubre 2019
21:00 -
Xornada 6
08 Noviembre 2019
21:00 -
Xornada 7
15 Noviembre 2019
21:00 -
Xornada 8

 logo agrupa1 png

A AGRUPACIÓN DEPORTIVA GALLEGA de DARDOS creouse para todos os dardeiros de Galicia, principalmente para fomentar o deporte dos dardos de pelo na nosa comunidade, xa que os dardos como deporte espectáculo ao longo de máis de dúas décadas case desapareceran; é por iso que comprometámonos a volver a traer a ilusión á xente co noso esforzo e traballo conseguindo que nos recoñezan como deporte.

Esta é a nosa casa deportiva do dardo e pretendemos que tamén sexa a de todas as persoas que se asomen a esta porta.

Nela estamos centos de entusiastas afeccionados de todas as idades, condición, profesión, actividade e localización xeográfica, gozando co moito conseguido e ilusionados por medrar persoal, social e deportivamente nesta difícil arte do tiro co dardo.

Aquí atoparedes de forma gráfica a actividade que desenvolvemos, competitiva e técnica, así como a divulgativa e promocional: Ligas de distintos niveis (División de honra, Primeira división, Segunda división…),Copa Galega, Campionatos individuais (Galego, Master…), Torneos anuais cos Organismos Públicos (Deputación, Fundación do Deporte Galego, Inef, Concellos…) e tamén outros de promoción (Deporte na Rúa, Festas do Rosario, eventos nos locais…), axudas cos discapacitados facilitándolle a súa integración (campionatos nacionais, autonómicos…) e na actualmente creando escolas de ensino cos Concellos. Asemesmo expoñemos permanentemente información mediante circulares, web, prensa e publicidade diversa.

Actualmente e, despois de 25 anos de historia deste arte do tiro con dardo na nosa comunidade, xa estamos recoñecidos na modalidade deportiva por parte da Xunta de Galicia desta disciplina, polo tano, calquer dardista poderá ser recoñecido como deportista.

Sucesivamente incorporaremos todo aquilo que posúa interese común relativo ás distintas áreas que compoñen esta modalidade. Neste senso, estamos abertos a todas as ideas que nos axuden a mellorar estes propósitos.

XUNTA DIRECTIVA

PRESIDENTE: D. Jose Manuel Grela Couce   
VICEPRESIDENTE: D. Manuel Romero Agrelo        
SECRETARIA: Dña. Vanessa Fernández Lodeiro
TESORERO: D. Jose Manuel Albite GonzáleZ
VOCALES:                                                    

D. Juan Canosa Abella

D. Juan Carlos Martín López

D. Pablo Pérez Barral

D. Pedro Rueda Corbelle

COMITÉ DE COMPETICIÓN 

PRESIDENTE: D. Pablo Pérez Barral              
VICEPRESIDENTE: D. Luis Ramos Álvarez  
SECRETARIO: D. Jose Luis Rodríguez García

COMITÉ DE APELACIÓN

D. Jose Manuel Grela Couce    
D. Manuel Romero Agrelo         
D. José Antonio López Sanjurjo
D. Pablo Pérez Barral               
D. Luis Ramos Álvarez             

Colaborador de la ADGD

DXT

Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Más información.